Asinado o Convenio Colectivo do transporte de mercadorías por estrada da provincia da Coruña para 2025, que en breves días será publicado no Boletín Oficial da provincia
- Este pasado 31 de xullo as organizacións patronais e sindicais da provincia da Coruña asinaron o Convenio, que terá vixencia desde 01/01/2025 ata 31/12/2025.
- Pendente aínda da pertinente revisión legal e publicación posterior no Boletín Oficial da Provincia (seguramente neste próximo mes de setembro) para a súa entrada en vigor, a continuación avánzanse as principais novidades.

.
No que respecta ao réxime de retribucións, acórdase unha suba nas bases e pagas extraordinarias das táboas salariais e complementos económicos nun 4% a partir do 01/08/2025.
En canto ás pagas extraordinarias, establécese que a partir de 01/01/2026, serán de 30 días de salario base máis a antigüidade, de xeito que se modifica oo criterio anterior, que establecía que 5 días das pagas extras pasarían ao salario base, tal como vén desglosado nas táboas salariais, e que se mantén ata 31/12/2025.
Con respccto ao pamento de atrasos, exclusivamente se aplicará retroactividade desde o 01/01/2025 en caso de salario base.
Outras novidades que se introducen neste convenio para 2025 son:
- PERMISOS RETRIBUÍDOS: en caso de accidente ou enfermidade grave, actualízase a 5 días, tal e como se recoñece no Estatuto dos Traballadores.
Así mesmo, amplíase este dereito cando a persoa hospitalizada sexa a parella de feito, familiar consanguíneo de esta última, ou calquera persona que conviva coa persoa traballadora e que requira de coidado efectivo. - PERMISO POR FALECEMENTO: igualmente amplíase este no caso de defunción da parella de feito da persona traballadora.
- PROTOCOLO LGTBI: Incorpórase ao Convenio como ANEXO II un PROTOCOLO LGTBI, de aplicación a empresas de máis de 50 traballadores, establecéndose que as empresas integrarán nos seus plan de formación módulos específicos sobre os dereitos las personas LGTBI, no ámbito laboral, que se garantirán a todas as persoas en condicións de igualdade, para a asistencia a consultas médicas ou trámites legais, con especial atención as persoas trans, e que se incorporará un protocolo de actuación frente ao acoso e a violencia contra as personas LGTBI. Ademais, establécese que a constatación dunha situación de acoso terá a consideración de falta moi grave, e que tamén podería ser sancionada a empresa se a súa dirección tivera coñecemento de estarse a producir unha situación de acoso e non adoptara medidas para impedilo.





