O Goberno publica por fin a modificación da normativa de pesos e dimensións que permite, entre outras novidades, chegar ás 44 Ton

.
- A partir de 23/10/2025, o trailer de 5 eixos poderá circular con 44 Ton sen necesidade de pasar inicialmente pola ITV, sempre que o permitan as masas máximas tecnicamente admisibles dos elementos que o compoñen.
- Permitirase aos vehículos alternativos, de transporte intermodal e especialmente aos de transporte de madeira en rolo circular cunha masa máxima aínda superior.
- Permitirase chegar a 4,5 m de altura a unha serie de supostos concretos de transporte, regúlanse os conxuntos euro-modulares de máis 6 eixos, etc.
O BOE de onte 23 de xullo publicou a Orde Ministerial que modifica o Regulamento Xeral de Vehículos en materia de pesos e dimensións, poñendo fin un proceso de discusión que xa se alargaba no tempo máis de 2 anos.
A Orde entra en vigor hoxe xoves 24 de xullo de 2025, con excepción dos cambios relativos ás masas máximas por eixo e masas máximas autorizadas (excluída a dos conxuntos euro-modulares), que entrará en vigor aos 3 meses da súa publicación para todos os vehículos (isto é 23/10/2025), excepto os vehículos cisterna (de acordo coa súa clasificación por criterios de utilización), que entrará en vigor aos 6 meses (isto é 23/01/2026).
Debe quedar claro que ditas modificacións só se aplican para o transporte de mercadorías por estrada interior en España, xa que para o transporte internacional haberá que esperar á aprobación da Directiva europea sobre pesos e dimensións que a Unión Europea está a tramitar.
Principais novidades introducidas
| NOVAS MASAS MÁXIMAS AUTORIZADAS | |
| Vehículo articulado de 5 ou máis eixos |
|
| Tren de estrada de 5 ou máis eixos |
|
| Non necesaria ITV | Non é preciso pasar previamente pola ITV para modificar a ficha técnica ata que non toque a revisión periódica obrigatoria. Se os novos límites son iguais ou inferiores ás correspondientes masas máximas tecnicamente admisibles que mostran nas tarxetas de inspección técnica, permítese desde a entrada en vigor da Orde que os vehículos poidan circular dentro do Estado español coas novas masas máximas autorizadas sen necesidade dunha inspección técnica específica ata o seu seguinte paso pola ITV. |
| Vehículos alternativos | Os vehículos ou combinacións de vehículos propulsados por combustible alternativo ou vehículos pesados de emisión cero, podrrán incrementar a súa masa máxima autorizada no peso adicional requerido pola tecnoloxía de combustible alternativo ou emisión cero ata un máximo de 1 ou 2 toneladas, respectivamente. |
| Transporte intermodal |
|
| MASAS POR EIXO MÁXIMAS PERMITIDAS | |
| Vehículos a motor |
|
| Remolques ou semirremolques |
|
| Nota: Non se modifican o resto de masas por eixo permitidas | |
| ALTURA MÁXIMA | |
| Vehículos sobre os que se permite incrementar a altura a 4,5 m (incluída a carga) |
|
| LONXITUDE MÁXIMA | |
| Barras metálicas, vigas, tubos, etc. | Os vehículos ou conxuntos de vehículos que transporten barras metálicas, vigas, tubos ou elementos lonxitudinais de semellante forma, como conxunto de elementos indivisibles que só superan como dimensión máxima permitida a lonxitude, poderán rebasar en 150 cm a lonxitude que lles corresponda. |
| CONFIGURACIÓN EUROMODULAR (DUOTRAILERS E MEGATRAILERS) | |
| Nova definición | Conxuntos de vehículos con máis de 6 liñas de eixos ou cando menos 3 módulos que, separada e individualmente considerados, non superan os límites máximos de masas e dimensións establecidos paraol tipo de vehículo que corresponda. sempre que non superen as 72 Ton de MMA e 32 ms de lonxitude máxima. |
| Radios exterior e interior | Poderán alcanzar os valores de 14,50 m e 6,5 m, respectivamente. |
| Resolución Tráfico | A Xefatura Central de Tráfico establecerá mediante resolución que se publicará no BOE os requisitos técnicos dos dispositivos de acoplamento e de mellora de seguridade relativos ao campo de visión, sinalización, advertencia ou prevención de situacións de perigo e condicións específicas de circulación que deberán cumprir estes conxuntos euro-modulares para poder circular por vías e terreos públicos, aptos para a circulación, abertos ao tráfico xeral de usuarios. |
| Rede de itinerarios | A súa circulación quedará circunscrita á rede de itinerarios para a circulación deste tipo de conxuntos que cada órgano competente en regulación, ordenación e xestión do tráfico determine, que serán publicados no BOE, previo informe vinculante dos titulares das vías sobre as restricións que deban ter en conta para o paso destes euro-modulares como consecuencia das limitacións xeométricas, estruturais ou de calquera uotra índole existentes na súa rede. |
| Limitacións |
|
| TRANSPORTE DE MADEIRA EN ROLO | |
| Madeira “en rolo” | Carga constituída polos troncos das árbores apeadas, sen copa e desramadas, así como as ramas obtidas por corte, sin que poida ser considerado como tales unidades máis pequenas como a cortiza da árbore, astillas, serrín ou similares. |
| Distancias <150km ou provincias lindeiras | Cando transporten madeira en rolo, en recorridos predeterminados entre provincias limítrofes ou en distancias non superiores a 150 km entre o monte e a industria forestal máis próxima, a masa máxima autorizada será de:
|
| Consideración | En determinados casos, o aumento das masas máximas do conxunto non se ve acompañado ciun aumento das masas de cada un dos elementos que forman conxunto, ou se se aumenta, este aumento só se conseguiría con separacións entre eixos non vistas. |
| CARGAS INDIVISIBLES | |
| Definición acotada | Mellórase e acótase a definición de carga indivisible ao obxecto de determinar cando se require unha autorización especial para o transporte, para evitar picarescas que se viñan producindo, canso se levaban simultaneamente varias cargas (por exemplo, planchas de metal ou outros) baixo unha única autorización, malia seren cargas divisibles. |





