Vieiros e Fenadismer denuncian a actuación abusiva da DGT consistente en multar de forma indiscriminada a todos los transportistas mediante o simple sistema “fotomatón” nos días de restricións á circulación sen reparar se circulan ao amparo dalgunha excepción legal
- Nos últimos anos a DGT vén sancionando de xeito indiscriminado aos transportistas durante os días de restricións á circulación para vehículos pesados, utilizando exclusivamente as cámaras fotográficas de control, sen verificar se os camións multados están exceptuados ou non das restricións, ao abeiro dalguha das excepcións que contempla a normativa por razón da mercadoría transportada (perecedeiras, animais vivos, auxilio en estrada, etc.).
- Esta actuación abusiva e arbitraria de DGT vén de ser denunciada por Vieiros e Fenadismer ante o Defensor del Pueblo, por vulnerar o principio de inocencia e a lexislación en materia sancionadora, instando a cesar en dita conduta contraria á lei.

Cada ano a Dirección General de Tráfico (DGT) aproba el calendario de restricións á circulación
de camións en determinadas datas e treitos de estradas por razóns de fluidez da
circulación e seguridade viaria, en concordancia coas datas nas que se prevén desprazamentos masivos de vehículos (período estival, Semana Santa, pontes, etc.), establecéndose así mesmo excepcións a ditas restricións en función da mercadoría transportada, como é o caso do transporte de alimentos perecedeiros, de gando vivo ou os vehículos de auxilio en vías públicas principalmente, que poden circular libremente durante ditas datas sen verse afectados en consecuencia polas restricións establecidas.
Sen embargo, nos últimos anos a DGT vén desenvolvendo unhas prácticas de control abusivas no cumprimento de ditas restricións, consistente na
utilización de cámaras de control situadas nas carreteras con restrición que sancionan indiscriminadamente a todos os camións que circulan por ditas vías, sen diferenciar se se corresponden con vehículos exceptuados de tales excepcións ou non, xa que de feito na práctica son os vehículos exceptuados os que circulan case exclusivamente durante as restricións establecidas.
De feito, unha boa parte dos vehículos exceptuados de ditas restricións reciben de modo continuado multas por parte de DGT por presuntamente non cumprir con ditas restricións cada data en que hai establecidas restricións a camións, xa que as denuncias derivan exclusivamente nos milleiros de fotografías automáticas que a modo de sistema “fotomatón” realizan as cámaras situadas na rede de estradas, sen ningunha comprobación posterior. Isto obriga en consecuencia aos transportistas incorrectamente denunciados a presentar o correspondente recurso para acreditar que os seus vehículos están exceptuados de tales restricións, co risco engadido de que en caso de non presentar as alegacións correspondentes, ben por extravio das notificacións, por despiste nos prazos ou por calquera outra circunstancia, finalmente se poidan ven obrigado a pagar a sanción sen que tal infracción realmente existira, co agravante de que se dan casos de transportistas que chegan a recibir varias multas sucesivas polas diferentes vías polas que circulan no mesmo día de restrición.
Esta situación de absoluta indefensión á que se somete ao colectivo de transportistas por esta actuación abusiva de DGT, prescindindo das mínimas garantías legais que establece a normativa sancionadora, motivou a VIEIROS, a través da súa federación FENADISMER, a presentar unha denuncia formal e solicitude de amparo ante o Defensor del Pueblo, solicitando que inste a dito organismo ao cesamento deste proceder e que actúe conforme ao establecido na legalidade vixente. Para VIEIROS, esta actuación arbitraria de DGT basada exclusivamente en sistemas automatizados de imposición de sancións, supón unha clara vulneración do principio de presunta inocencia que debe guiar todo procedemento sancionador, que mediante a actuación indiscriminada antes referida se transforma nun principio de presunta culpabilidade, obrigando en consecuencia aos transportistas a demostrar a súa inocencia.




