O Ministerio de Transportes vén de esclarecer por escrito na sección de «Preguntas frecuentes DeCA» varias dúbidas relativas a actividades específicas de transporte: mercadorías perigosas; movemento de terras, áridos e formigón; transporte de animais; recollida de leite; vehículos baleiros, transporte de palés, embalaxes ou contedores, transporte multimodal; e transporte de residuos
.
- Pódese consultar a información completa no apartado da web do Ministerio relativo a preguntas frecuentes sobre o DeCA: https://www.transportes.gob.es/transporte-terrestre/profesionales-transporte/servicios-transportista/documento-electronico-control-administrativo-deca/preguntas-frecuentes-faq-deca
Mercadorías perigosas
Se se realiza transporte suxeito a ADR, débense cumprir 2 requisitos de documentación distintos: o documento de transporte de mercadorías perigosas (capítulo 5.4 do ADR) e o DeCA (Orde FOM/2861/2012, do 13 de decembro).
Sendo 2 documentos distintos, pódense levar 2 documentos por separado ou ben combinalos nun único documento, se ben neste caso tería que ser electrónico por esixencia do DeCA.
Movemento de terras, áridos, formigón ou semellantes
Estas especialidades de transporte non están incluídas nas exencións recollidas no artigo 2 da Orde FOM/2861/2012. Polo tanto, é obrigatorio utilizar a DeCA cando estas operacións sexan transporte público, é dicir, transporte realizado para terceiros a cambio dunha remuneración económica.
Nos casos en que se realicen por conta propia -é dicir, cando o transporte serve como complemento da actividade empresarial principal-, non é necesario o DeCA. Non obstante, nestes supostos, o vehículo debe levar a bordo documentación que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para o transporte privado complementario.
Que facer se non é posible coñecer o peso da mercadoría antes de iniciar o viaxe
A Orde FOM/2861/2012 establece que o DeCA debe especificar a natureza e o peso das mercadorías transportadas. Non obstante, se as circunstancias nas que se realiza a carga dificultan a determinación do peso exacto da mercadoría, a Orde permite utilizar unha métrica alternativa para establecer dito peso. Isto pode ocorrer, por exemplo, na recollida de leite en diversas explotacións, na recollida de produtos agrícolas, no transporte de animais vivos, en operacións de movemento de terras, na subministración de áridos ou formigón preparado, etc.
Nestes casos, pódese especificar a natureza da actividade -por ex., «recollida de leite», «transporte de animais vivos», «subministración de áridos» ou «subministración de formigón preparado»- e empregar unha métrica alternativa como o volume, nº de unidades ou cabezas de gando, ou outra medida que permita estimar de xeito razoable a cantidade transportada. Se se prevé que se utilizará practicamente toda a capacidade do vehículo, pódese indicar, no seu lugar, a MMA do vehículo.
Do mesmo xeito, cando se realicen entregas ou descargas en varios destinos e non se coñeza de antemán a cantidade exacta para cada un, pódese indicar a cantidade total transportada, xunto cunha estimación ou unha métrica axeitada para as entregas parciais individuais; tendo en conta que os datos que figuran no DeCA deben actualizarse unha vez que se coñezan as cantidades reais.
Vehículo baleiro, palés, embalaxes e contedores
Non é necesario emitir un DeCA para o desprazamento dun camión baleiro que se dirixe a un lugar para cargar mercadorías, sempre que non transporte elementos de carga (contedores, palés, caixas, embalaxes, etc.) que deban entregarse no punto de recollida. Tampouco é necesario o DeCA cando un camión cisterna baleiro se despraza a unha instalación de limpeza tras unha descarga.
Non obstante, debe emitirse un DeCA para o traslado de elementos de carga baleiros (contedores, palés, caixas, embalaxes, etc.), tanto se se trata da devolución de unidades baleiras tras un envío previo como do seu transporte a un lugar para unha carga posterior. Nestes casos, é posible incluír o envío de mercadorías como a devolución ou o posicionamento deses elementos nun único DeCA.
Transporte por estrada no marco dunha operación intermodal
A existencia do transporte multimodal non elimina os requisitos documentais de cada modo de transporte. En consecuencia, cando un envío multimodal inclúe un treito de transporte interior por estrada, este queda suxeito á Orde FOM/2861/2012, e debe presentarse o correspondente DeCA, aínda que o resto do traxecto se realice por vía marítima, ferroviaria ou aérea.
A Orde FOM/2861/2012 permite utilizar outros documentos acreditativos axustados á lexislación nacional, da Unión Europea ou internacional como documento de control administrativo, sempre que conteñan todos os datos mínimos esixidos por dita Orde.
Por outro lado, documentos utilizados habitualmente no transporte marítimo, ferroviario ou aéreo poderán empregarse tamén como DeCA para o treito por estrada, sempre que incorporen todos os datos mínimos esixidos para o DeCA e cando a normativa propia de dito documento esixa sinaturas, estas cumprar os requisitos de sinatura electrónica previstos na norma aplicable. En caso contrario, será necesario formalizar dito documento ou xerar un DeCA independente que conteña toda a información esixida pola normativa española.
Traslado de residuos
Os Documento de Identificación (DI) poderían ser válidos como DeCA se cumpren co seguinte:
- Suxeitos a Notificación Previa: nos supostos que impliquen o traslado de residuos suxeitos a Notificación Previa, se a parte responsable do traslado cobre o campo relativo á matrícula do vehículo que realiza o transporte, o DI axustarase ao formato do DeCA.
- Non suxeitos a Notificación Previa: neste casos, se o operador de transporte cobre o campo relativo á matrícula do vehículo que realiza o transporte e cumpre os requisitos informáticos establecidos na Resolución do 5 de xuño de 2026 do DeCA, o DI cumprirá os requisitos do DeCA.
- Traslado de residuos de competencia municipal: non é preciso consignar a matrícula do vehículo ao non ter que cumprir coa normativa relativa ao DeCA.




