Vieiros entra a formar parte do Comité Executivo de Fenadismer, que tamén renova a súa presidencia, pasando a mans do catalán Carlos Folchi

Na súa toma de posesión como novo Presidente, Carlos Folchi louvou o labor do seu antecesor, o histórico referente Julio Villaescusa Izquierdo, e manifestou que os alicerces de Fenadismer seguirán sendo o inconformismo, a defensa do máis débil e a loita incansable na defensa dos autónomos e as pemes transportistas, para enfrontar os retos e desafíos que se lle aveciñan ao sector.
A Asemblea de Fenadismer tamén abordou os asuntos de maior actualidade do sector: modificación da normativa de pesos e dimensións, a fiscalidade dos autónomos e as pemes, a aplicación efectiva das medidas de control ás empresas estranxeiras incluídas no Paquete de Mobilidade, isto é, o necesario control da cabotaxe e da volta a casa dos condutores foráneos que operan en España, as liñas estratéxicas acordadas pola Unión Europea no ámbito da descarbonización do sector, a escaseza de condutores, o deterioro da cadea loxística, etc.




