Vieiros organiza unha xornada informativa online para explicar que cartos se poden recuperar do Imposto Autonómico de Hidrocarburos abonado entre 20213 e 2018 e responder ás dúbidas

VIEIROS organiza unha xornada informativa online (mediante videoconferencia), que se celebrará o mércores día 2 de Abril de 16:30 a 17:30h. e que ten por obxectivo explicar a todos aqueles transportistas que consumiron gasóil A entre 2013 e 2018 que cartos se poden recuperar do Imposto Autonómico de Hidrocarburos declarado ilegal en 2024 pola xustiza europea.
A xornada terá un formato aberto e a conexión a través de tlf. móbil, tableta, portátil ou equipo de sobremesa realizarase a través de plataforma ZOOM facendo click directamente na seguinte ligazón:
- ID de reunión: 894 7398 9005
- Código de acceso: 2MW3G4
Participará como ponente Alberto Vila, Secretario Xeral de Vieiros, que tratará de esclarecer as principais dúbidas que ao respecto ten o sector:
- Pode recuperar este imposto quen xa recuperou o Céntimo Sanitario?
- Cantos cartos che terán que devolver?
- Como formalizar a reclamación?
- Que documentación se debe preparar?
- Que prazos temos?
Para ampliar información sobre esta xornada, contactar con Vieiros no tlf. 988989033 ou ben a través info@vieiros.gal.


