As federacións de transportistas solicitan do Ministro de Transportes un paquete urxente de medidas para reducir o impacto da forte escalada do prezo do carburante no sector
- No día de onte o Ministro de Transportes recibiu ás organizacións de transportistas, que lle fixeron entrega dunha serie de propostas concretas que o Ministro se comprometeu a estudar.
É intención do Goberno sacar nos vindeiros días un paquete de medidas para todos os sectores e colectivos afectados pola escalada do prezo do carburante.

.
Onte mércores 11 de marzo o Departamento de Mercadorías do Comité Nacional del Transporte por Carretera (CNTC) mantivo unha reunión urxente co Ministro de Transportes, Oscar Puente, quen estivo acompañado do Secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano; da Secretaria Xeral de Transporte Terrestre, Rocío Baguena; e do resto do equipo directivo da Dirección Xeral de Transportes Terrestres. Obviamente o motivo da reunión foi propor e discutir as medidas urxentes coas que afrontar a situación económica provocada pola crise bélica en Irán, co incremento tan vertixinoso no prezo dos combustibles en tan poucos días, que está levando ao sector a un difícil escenario para seguir prestando servizo e garantir o mantemento da cadea de suministración.
Neste escenario, as federacións de transportistas do CNTC presentaron ao Ministerio un paquete consensuado de medidas semellante ás de 2022 pola crise derivada do conflito en Ucraína, medidas que o Ministro considerou razoables, comprometéndose no acto a analizalas e levalas a deliberación do seguinte Consello de Ministros. En síntese, as propostas que se deron traslado ao Ministro son as seguintes:
- Bonificación mínima no combustible de 25 céntimos por litro.
- Axudas directas para as empresas de transporte de mercadorías en función do tipo de vehículo (mínimo de 1.500 € por tractora ou rígido e de 750 € por furgón).
- Incrementar en 10 puntos porcentuais o índice da cláusula de indexación do combustible para todas as tipoloxías de vehículos: no pesado pasar do 30% ao 40%, no intermedio entre 3,5 e 20 toneladas do 20% ao 30% e no furgón lixeiro de ata 3,5 toneladas do 10% ao 20%.
- Abrir unha Investigación das causas do pouco xustificable incremento de prezo do combustible nun marxe tan breve de tempo, sen gardar relación de ningún tipo coa flutuación do prezo do barril de crú, dando loxicamente traslado disto aos organismos controladores da competencia.
Implicación das empresas cargadoras
Así mesmo, suscitouse a necesidade de que toda a cadea de suministración, comezando polas empresas cargadoras, se impliquen na solución desta situación de crise dun xeito leal, que permita saír desta salvagardando os intereses de todos, sen abusos nin imposicións por quen parte dunha situación de superioridade en detrimento da parte máis débil, cumprindo por tanto coa correcta e inmediata aplicación da fórmula de indexación en relación coa evolución do prezo dos combustibles, que como é sabido é de obrigado cumprimento para cargador e porteador.
De non producirse a adopción urxente polo Goberno das medidas relacionadas anteriormente e a implicación das empresas cargadoras na indexación efectiva do gasóil nas tarifas de transporte deste mes de marzo e os vindeiros, córrese un serie perigo de parar o normal funcionamento da actividade de transporte, co que isto comportaría para a economía e a sociedade en conxunto.





