O Goberno Basco mantén a restrición á circulación aos transfornteirizos en tanto en canto non se normalice a situación na A63 en Bayonne, que segue bloqueada en ambos sentidos polas protestas dos labregos

Grazas á absoluta complicidade e pasividade do Goberno Francés e dos axentes de tráfico en estrada, cuxa obriga é garantir a libre circulación das persoas e das mercadorías, os agricultores franceses manteñen bloqueada á circulación a autovía A63 en ambos sentidos á altura de Bayonne (Francia).
Todo apunta a que estas mobilizacións, que teñen como detonante o acordo da Unión Europea con Mercosur do sector agrícola, continúen durante os próximos días, xa que as reivindicacións das organizacións labregas convocantes están lonxe de ser minimamente atendidas.
Como é sabido, o Goberno Basco viuse na obriga de restrinxir a circulación dos transportes transfronteirizos indefinidamente desde o pasado venres 9 de xaneiro en tanto en canto a que situación se normalizara, e nada fai indicar que isto vaia cambiar de forma inmediata.
Por conseguinte, neste momento é moi probable que esta próxima semana sexa unha semana perdida para o transporte internacional que atravesa os Pirineos por Irún, pero tampouco apunta moito mellor a situación no paso de La Jonquera (Girona), tanto polas protestas de labregos franceses como por labregos cataláns, que se esta semana cortaron as estradas catalanas en varios puntos.
Neste contexto, recoméndase estar atentos ás comunicacións do estado do tráfico á hora de programar as viaxes. Desde Vieiros daremos cumprida información en tempo real das novidades máis relevantes.




