O Goberno prorroga un ano máis o límite de 125.000€ para seguir os autónomos transportistas poderen seguir en módulos en 2026
- Así mesmo, o Ministerio de Facenda confirmou que os transportistas seguirán tributando nos módulos por un tope máximo de 40 toneladas malia que incrementen a masa máxima dos seus vehículos a 44 ton.

A escasamente unha semana da data límite para a súa aprobación, o Consello de Ministros celebrado onte martes 23 de decembro aprobou mediante Decreto-Lei prorrogar un ano máis o actual límite de facturación anual establecido en 125.000 euros para que os transportistas autónomos que tributan polo réxime de estimación obxectiva, coñecido comunmente como réxime de módulos, poidan seguir acollidos a este réxime fiscal o vindeiro ano 2026.
Non obstante, como xa aconteceu este último ano, o actual equilibrio inestable de maiorías no Congreso pon en risco a necesaria convalidación deste Decreto Lei o próximo mes de xaneiro, feito que voltaría deixar en situación de inseguridade tributaria a milleiros de autónomos.
Impacto das 44 Ton nos módulos.
Por outro lado, o Ministerio de Facenda atendeu xa á consulta da nosa federación Fenadismer e esclareceu como se debe calcular a “capacidade de carga“ a efectos de calcular o importe a tributar polo módulo como consecuencia da aprobación da nova Orde Ministerial que modificou o Regulamento Xeral de Vehículos no sentido de incrementar a capacidade de carga dos vehículos.
Neste sentido, aqueles transportistas que incrementaron a masa máxima dos seus vehículos a 44 Ton deberán seguir tributando polo tope máximo de 40 Ton, o que será de aplicación tanto ao modelo 303 correspondente ao cálculo do IVE anual que se realizará o próximo mes de xaneiro, como do modelo 100 correspondente ao cálculo da declaración anual de IRPF que se realizará en xuño de 2026.




