Vieiros publica unha Guía Informativa sobre a aplicación da cláusua legal de revisión do prezo do transporte en función da flutuación dos prezos do combustible, dirixida tanto a transportistas como a cargadores ou contratadores de transporte

–
Vieiros pon a disposición de transportistas, cargadores e intermediarios de transporte unha Guía Explicativa sobre a aplicación da cláusula de revisión do prezo do transporte en función da variación do prezo do combustible, que inclúe as novidades recollidas no Real Decreto Lei 9/2026, de 14 de abril, de medidas urxentes en materia de transporte, que entrou en vigor o pasado 16 de abril.
Os contidos desta Guía son:
- Reforzo do carácter obrigatorio da cláusula de revisión.
- Desglose en factura.
- De aplicación en cada período de facturación.
- Prezos e tarifas de referencia.
- Fórmula de cálculo.
- Base para o cálculo da indexación: prezo medio semanal sen IVE.
- Coeficientes de indexación sobre prezos PAI.
- A Calculadora do Ministerio de Transportes
- Exemplo factura de servizos transporte Abril 2026 e meses posteriores.
- Baremo sancionador: infraccións a cargador ou intermediario.
- De aplicación ao transporte internacional con orixe ou destino España.
As persoas interesadas poden solicitala por mail a info@vieiros.gal ou ben nos nosos teléfonos de contacto, tanto na súa versión en galego como en castelán.




