Cambios no imposto de hidrocarburos e na axuda aos transportistas para o mes de setembro derivados do repunte do prezo do carburante nas últimas semanas

.
- O repunte do prezo do diésel en xullo e especialmente en agosto por causa do enquistamento do conflito bélido en Irán suporá que o 1 de setembro a redución transitoria do imposto especial de hidrocarburos se incremente e a contía da axuda prevista para os profesionais se reduza en igual intensidade.
Logo do vertixinoso incremento do prezo do diésel durante os meses de marzo, abril e maio a raíz do conflito en Irán, o Goberno deseñou a finais de xuño o Real Decreto-Lei 18/2026, de 30 de xuño, cun segundo paquete de axudas para o sector para o trimestre de 1 de xullo a 30 de setembro en sintonía cunha redución decrecente do imposto especial de hidrocarburos (IEH) para todos os consumidores (profesionais e particulares).
Este segundo paquete de axudas deseñouse estimando que o prezo do carburante continuaría coa tendencia de caída moderada experimentada durante o mes de xuño, pero tamén contemplaba a posibilidade de que se finalmente o prezo do carburante volvía mudar de tendencia, as contías do IEH e mais da axuda ao sector podería sufrir tamén flutuacións sobre a previsión inicial deste Decreto-Lei.
Así por tanto, o Decreto-Lei estableceu inicialmente para este trimestre o seguinte:
| PREVISIÓN DECRETO-LEI 18/2026, DE 30 DE XUÑO | |||
| PERÍODO | 01/07 – 31/07 | 01/08 – 31/08 | 01/09 – 30/09 |
| IMPOSTO ESPECIAL DE HIDROCARBUROS (I.E.H.) | 22,9 cts/litro | 27,9 cts/litro | 32,9 cts/litro |
| AXUDA A TITULARES DE VEHÍCULOS CON DEREITO A GASÓLEO PROFESIONAL* | 10 cts/litro | 15 cts/litro | 20 cts/litro |
* Devolución aos transportistas a través do mecanismo do gasóleo profesional da AEAT.
Cambios para o mes de setembro
Pero o enquistamento do conflito bélido supuxo que o prezo do diésel volvese repuntar en xullo e especialmente en agosto, de xeito que tal como se recollía nese Real Decreto-Lei, automaticamente a contía do IEH e mais o importe da axuda para os profesionais definitiva para o mes de setembro rexistrará alternacións sobre os importes previstos inicialmente:
o IEH reducirase 10 céntimos en litro en comparación co actual mes de agosto, pero que serían 15 céntimos se o comparamos co importe inicialmente previsto para setembro,
e a axuda aos profesionais con vehículos con dereito a gasóleo profesional, cuxa cuantía prevista inicialmente para setembro era de 20 céntimos en litro, redúcese dracticamente a 5 céntimos.
O cadro definitivo queda por tanto do seguinte xeito:
| VALORES DEFINITIVOS SG. DECRETO-LEI 18/2026, DE 30 DE XUÑO | |||
| PERÍODO | 01/07 – 31/07 | 01/08 – 31/08 | 01/09 – 30/09 |
| IMPOSTO ESPECIAL DE HIDROCARBUROS (I.E.H.) | 22,9 cts/litro | 27,9 cts/litro | 17,9 cts/litro |
| AXUDA A TITULARES DE VEHÍCULOS CON DEREITO A GASÓLEO PROFESIONAL* | 10 cts/litro | 15 cts/litro | 5 cts/litro |
* Devolución aos transportistas a través do mecanismo do gasóleo profesional da AEAT.



