As Comunidades Autónomas de Euskadi, Navarra e Cataluña acordan impor restricións á circulación a camións o 12 de agosto por mor do incremento da mobilidade derivada da visualización do eclipse

.
- Euskadi, Navarra e Cataluña restrinxen a circulación a vehículos pesados na súa rede viaria este mércores 12 de agosto.
- Pola contra, a DGT adopta unha postura máis sensata e non aplicará restricións preventivas, optadno por recomendacións e regulacións puntuais.
Malia os pronósticos desfavorables da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) para a visualización do fenómeno astronómico no norte e norleste peninsular e a oposición frontal manifestada polas asociacións de transportistas a que o noso sector teña que pagar sempre o “pato” con restricións á circulación, os gobernos de Navarra, Euskadi e Cataluña decidiron establecer para este mércores día 12 as seguintes restricións:
- NAVARRA e EUSKADI
Prohíbese o tránsito de camiones desde as 17:00 hasta as 24:00 horas do mércores 12 en practicamente todas as súas redes viarias, excepto contadas excepcións de primeira necesidade (animais vivos ou mercadorías perecedoiras). No caso concreto da rede viaria vasca, non se deixará libre a camións nin unha soa das súas estradas.
- CATALUÑA
Opta por unha fórmula asimétrica que estrangula o corredor mediterráneo:
a) prohibe totalmente a circulación cara o sur pola AP-7 (entre o pk 171 e o 344) e pola N-340 (entre pk 1210 e 1059), en ambos casos en horario de tarde (desde as 14:00 ata as 24:00 horas).
b) cara o norte impón na AP-7 en o pk 334 e o 217 severas limitacións de velocidade (80 km/h) e o uso obrigatorio do carril dereito desde o mediodía, tamén en horario de tarde (desde as 14:00 ata as 24:00 horas).
- RESTO DE ESPAÑA (DGT)
Plena normalidade para o transporte, sen prohibicións previas. Os axentes controlarán o estado das estradas de forma local e puntual só se a afluencia de observadores do eclipse o require.





