Vieiros organiza en setembro unha xeira de xornadas dirixidas aos profesionais do transporte con todo o que se precisa saber sobre o documento de control electrónico, obrigatorio a partir de 5 de outubro

Vieiros organiza co soporte de Sinerxías unha xeira de xornadas dirixidas aos profesionais do transporte para esclarecer todas as dúbidas sobre o documento de control electrónico (DeCA), que como é sabido será obrigatorio a partir de 5 de outubro en transporte nacional, e mostrar o funcionamento das aplicacións que permiten crear, compartir e custodiar DeCAs.
📝 XORNADA INFORMATIVA ONLINE (WEBINAR)
O mércores 2 de setembro en horario de 13:00 a 14:00 horas desenvolverase unha xornada informativa por videoconferencia (webinar) co obxecto de esclarecer todas as dúbidas existentes sobre o DeCA:
- Quen está obrigado a emitir o DeCA, o cargador ou o transportista? Que obrigas ten cada unha das partes?
- Pode ser válido como carta de porte? É necesario asinar o DeCA?
- Pode xerar o DeCA o propio condutor?
- Que ferramentas (aplicacións) existen de fácil uso para xerar, compartir, importar e almacenar DeCAs?
🔗 Ligazón directa á videorreunión: https://teams.live.com/meet/9346170000389?p=YzIFN1QOGHRIGhaxH3
– ID reunión: 934 617 000 038 9
– Código acceso: fU3dZ2
📝 XORNADAS TÉCNICAS: CREA, COMPARTE E CUSTODIA DeCAs
Así mesmo, coa finalidade de formar aos profesionais do transporte (xa sexa persoal de tráfico ou de oficina ou condutor), organízanse as seguintes xornadas presenciais nas que as persoas asistentes poderán aprender a manexar as aplicacións informáticas que permiten crear DeCAs, compartilos co cargador e o condutor, importalos e custodialos, a través de portátil, computador, tableta ou teléfono móbil (smartphone):
- SANTIAGO: sábado 12 Setembro ás 10:00 h. (Sede Sinerxías en Costa de San Marcos)
- OURENSE: sábado 19 Setembro ás 10:00 h. (Sede Sinerxías Parque Tecnolóxico de Galicia)
- O PORRIÑO: domingo 20 Setembro ás 10:00 h. (Sede Sinerxías Polígono A Granxa)
En todos os casos é necesaria a inscrición previa en info@vieiros.gal ou ben nos teléfonos 986169268 – 881243859 – 988989033.




