Publicada no DOG a convocatoria 2025 de probas dirixidas á obtención/renovación do Conselleiro de Seguridade en ADR

.
- Desde mañá e ata 22 de agosto poderanse tramitar as instancias que dan dereito a participar nas probas de obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.
- As probas terán lugar na 2ª quincena de outubro do presente ano.
O DOG de onte 22 de xullo publicou a Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.
As persoas interesadas na obtención ou renovación do título dispoñen de prazo ata o 22 de agosto para tramitar telematicamente a instancia que dá dereito a participar nas probas.
As probas terán lugar na segunda quincena do mes de outubro do presente ano 2025 (data exacta, horarios e lugar aínda sen concretar, serán publicados no DOG cunha antelación mínima de quince días á data elixida).
Curso preparatorio para afrontar as probas con garantías
As persoas interesadas en realizar unha formación preparatoria para estas probas de 2025, teñen á súa disposición o curso que imparte o noso enxeñeiro especialista en ADR, Camilo González, que previsiblemente comezará en de forma inmediata en agosto na modalidade online (aula virtual) con reforzo presencial.
En que supostos as empresas deberán contar cun conselleiro de seguridade?O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar obrigatoriamente coa figura do Conselleiro de Seguridade: A. Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independientemente do nº de viaxes que se realice ao ano). B. Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1.000 litros, excepto que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operación de descarga de forma expresa. C. Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.). D. Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que contexen amianto, terras contaminadas, etc.). |





