Vieiros organiza un Encontro de presentación do recén eleito Presidente de Fenadismer, Carlos Folchi, cos transportistas galegos, no que se discutirán os desafíos actuais do sector do transporte

O sábado 10 de Xaneiro, organizado por VIEIROS, celebramos en Compostela un Encontro aberto de Carlos Folchi, novo Presidente de Fenadismer, con todos os e as transportistas galegos que desexen coñecer de primeira man as liñas de traballo e iniciativas que ten en axenda e está a desenvolver a Federación.
Será esta a primeira visita a Galicia de Carlos Folchi como Presidente de Fenadismer, logo da súa recente elección, e baixo o título de «Desafíos actuais do sector do transporte«, os e as transportistas asistentes ao este Encontro poderán coñecer as actuacións e iniciativas que ten en axenda e está a desenvolver a Federación nas seguintes cuestións de relevancia para o sector:
- O horizonte fiscal que lle agarda aos autónomos e ás pemes do sector.
- A descarbonización do transporte por estrada: deseño, viabilidade e prazos.
- Axudas para a compra de vehículo industrial nos vindeiros anos.
- Prioridades para a inspección de transporte para 2026.
- A documento electrónico do transporte, obrigatorio a partir de outubro de 2026.
- Os custos de explotación derivados do incremento da capcidade dos vehículos ata as 44 toneladas.
- Viabilidade e prazos para a xubilación anticipada dos condutores profesionais (autónomos e asalariados), relevo xeracional e escaseza de condutores.
A xornada terá lugar o sábado 10 de Xaneiro en Santiago de Compostela, concretamente no «Hotel Ruta Jacobea», sito en Lg. Lavacolla nº 41, en horario de 12:00 a 14:00 h.
Ponentes
Participarán neste Encontro cos transportistas galegos:
Inscrición previa
Por razóns de organización, recoméndase ás persoas interesadas a inscrición previa a través de calquera dos seguintes medios:
📞 881 243 859
🔗 info@vieiros.gal




