A Axencia Tributaria comezou a abonar as axudas do gasóleo aos titulares de vehículos con dereito a gasóleo profesional (MMA≥ 7,5Ton) e habilita unha área privada na súa web para que os transportistas beneficiarios poidan comprobar os importes recibidos

.
A Axencia Tributaria comezou a abonar nas contas bancarias dos transportistas titulares de vehículos con dereito a gasóleo profesional (MMA ≥ 7,5 Ton) os importes correspondentes á axuda de 20 cts por cada litro de gasóleo consumido entre 22/03/2026 e 30/06/2026, mediante medios de pagamento válidos para o gasóleo profesional, conforme o Real Decreto-Lei 7/2026 aprobado o pasado mes de marzo.
Polo que respecta ás axudas directas a titulares de vehículos de transporte de mercadorías sen dereito a gasóleo profesional (MMA < 7,5 Ton), tal como xa se ten informado, comezarán a cobrarse previsiblement en agosto.
Estas axudas deberán ser declaradas no modelo 347.
Como e onde consultar se os importes cobrados da axuda son os correctos?
A Axencia Tributaria habilitou unha área privada na súa web onde poder consultar e comprobar os importes, a cal se pode acceder a través da seguinte ligazón directa:
https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/DJ34.shtml
Unha vez dentro:
1º) Facer click no apartado denominado “Consulta de solicitudes presentadas” e unha vez dentro acceder área privada do transportista interesado co seu certificado dixital de persoa física en caso de ser transportista autónomo ou de representante legal en caso de sociedade.
2º) A continuación, deberase consignar “2026” no recadro de “Ejercicio =”, deixar en branco o recadro “Periodo =” e no recadro “Modelo =” seleccionar a opción “2026 ayuda transporte GP (artículo 55 RDl 7/2026)” en caso de ser o transportista titular de vehículos con dereito a gasóleo profesional (MMA ≥ 7,5 Ton), ou ben seleccionar a opción “2026 ayuda transporte no GP (artículo 58 RDl 7/2026)” en caso de ser o transportista titular de vehículos sen dereito a gasóleo profesional (MMA < 7,5 Ton).
3º) Feito isto e premendo o botón “Buscar” pódese ollar toda a información dos consumos realizados, desglosada de datas e matrículas, desde marzo ata xuño.




