A Axencia Tributaria segue á espera de recibir o visto bo definitivo da Unión Europea para proceder ao abono da axuda dos 20 cts/litro

.
- Espérase que nos vindeiros días se produza o “ok” da Comisión Europea, además da confirmación de se finalmente se aplica ou non o tope de 50.000 euros por empresa.
- Recórdase que as empresas titulares de vehículos sen dereito a gasóleo profesional teñen ata 30 de xuño para solicitar a axuda.
Como xa se informou sobradamente, no mes de marzo pasado aprobouse o Real Decreto Lei 7/2026, de 20 de marzo, polo que se aprobou o Plan Integral de Resposta á Crise en Oriente Medio, que recollía para o sector del transporte por estrada unha liña de axudas ao carburante, dirixida a empresas transportistas, tanto para vehículos con dereito a devolución por gasóleo profesional (en mercadorías, camións de MMA superior a 7,5 toneladas), como tamén para vehículos sen dereito a gasóleo profesional.
Neste primeiro caso, a axuda consistía nunha bonificación do 20 céntimos en litro polas repostaxes realizadas entre 22 de marzo e 30 de xuño, que abonaría a Axencia Tributaria na conta bancaria do empresa transportista sen que este teña que facer nada.
Tristemente, malia que a Comisión Europea aprobou o pasado 29 de abril o Marco Temporal de Axudas pola Guerra de Irán que faculta aos Estados membros a dar axudas aos diferentes sectores afectados, posteriormente cada Estado debe obter a autorización específica da Comisión Europea de cada axuda aprobada e, no caso de España, esta autorización está pendente do correspondente “OK”, que se espera que se produza nos vindeiros días. Ademais, deberá esclarecerse se finalmente se aplica a estas axudas o tope de 50.000 euros por empresa establecido pola Comisión Europea en función do tipo de axuda a outorgar.
Por último, polo que respecta aos vehículos sen dereito a gasóleo profesional, para percibir a axuda directa, que previsiblemente se abonará en agosto, os titulares deste tipo de vehículos deberán tramitar na web da Axencia Tributaria a solicitude, con data límite 30 de xuño de 2026, na segunte ligazón:
https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/DJ32.shtml
https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/DJ32.shtml
Recordar o importe desta axuda para vehículos sen dereito a gasóleo profesional:
- Camión transporte de mercadorías pesado (autorización MDPE) con MMA < 7,5 Ton: 665 €
- Furgón transporte de mercadorías lixeiro (autorización MDLE) con MMA ≤ 3,5 Ton: 300 €




