Vieiros solicita á Directora Xeral de Transporte por Estrada do Ministerio a reedición das axudas para o achatarramento das frotas de vehículos de transporte de mercadorías por estrada
- A Directora Xeral de Transporte do Ministerio, Elena Atance, tomou parte na Asemblea Xeral de Fenadismer celebrada en Madrid o 4 de decembro, para expor as liñas de traballo e proxectos do seu departamento para os próximos meses.
.
O pasado xoves 4 de decembro celebrouse en Madrid a Asemblea anual devFENADISMER, que reuniu a máis de cincuenta representantes das organizacións territoriais e sectoriais membro da Federación para analizar e debater cuestións de actualidade que afectan ao sector do transporte por estrada, entre as que se inclúen o proceso de descarbonización, o reto da dixitalización e a escaseza de condutores profesionais. Na asemblea participaron Elena Atance Herreros, Directora Xeral de Transporte por Estrada e Ferroviario do Ministerio de Transporte, e Víctor Marcos Morell, Director Xeral de Coordinación Enerxética do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
A Directora Xeral de Transporte informou de todas as accións que está a impulsar o seu departamento en diferentes áreas. En canto á dixitalización do sector, tras a publicación no BOE da nova Lei de Mobilidade Sostible, toda a documentación do transporte deberá estar en formato dixital a partir de outubro de 2026. No que atinxe ao problema da escaseza de condutores, expresou a súa preocupación porque a idade media actual se achega aos 50 anos, facendo necesaria a colaboración público-privada para axudar a paliar esta situación. Así, destacou a primeira liña de axudas aprobada polo Ministerio de Transporte co obxectivo de proporcionar axuda financeira aos novos profesionais que se incorporan ao sector na obtención de permisos de condución profesional, confirmando que, en base á experiencia adquirida este ano na xestión destas axudas, reaxustarase para as convocatorias dos próximos anos. No referente á regulación sobre a cadea de transporte, destacou o cambio significativo que supuxo a introdución da categoría de vehículos de 44 toneladas, para a que o Ministerio de Transportes está a ultimar a súa inclusión no Observatorio de Custos. Finalmente, anunciou que se está a traballar na próxima aprobación dun modelo de estandarización para os centros de carga e descarga co obxectivo de mellorar a eficiencia operativa e o benestar dos condutores nestas instalacións.
Así mesmo, a Directora Xeral de Transporte deu conta das axudas que está a preparar o seu departamento, conforme o marco europeo actual, que irán focalizadas en subvencionar exclusivamente a compra de vehículo eléctrico e que previsiblemente se publiquen no primeiro trimestre de 2026.
Axudas para a renovación de frotas e o achatarramento.
A este respecto, Fenadismer aproveitou a presenza da Directora na Asemblea para transmitirlle directamente que considera urxente a posta en marcha dun plan de axudas para o desguace e a renovación da frota actual, que inclúa non só a compra de vehículos eléctricos, senón calquera outra tecnoloxía de propulsión, incluídos os novos vehículos diésel, que axuden a reducir as emisións contaminantes ante o preocupante envellecemento da frota de transporte española actual.
Pola súa parte, os representantes de VIEIROS nesta Asemblea de Fenadismer tomaron a palabra para transmitir á Directora que a primeira necesidade do sector é a reedición en 2026 das axudas para o achatarramento da frota, axudas que a Directora non descartou, pero si dixo que en primeiro lugar en 2026 sacarán as axudas para a compra do vehículo eléctrico, conforme os fondos europeos destinados á transición enerxética cara a descarbonización, e en todo caso, tal como vaia avanzando o ano, non descartarían reeditar as axudas para achatarran se o ven necesario e procedente.





