A partir de 10 de maio deixará de ser obrigatorio contar con extintores en vehículos de transporte de MMA inferior a 3,5 Tn, agás en transportes ADR


A entrada en vigor desta nova normativa, que basicamente supón a desaparición da obriga de contar con extintor en vehículos de MMA inferior a 3,5 toneladas, producirase ao mes da súa publicación no BOE, é dicir, o vindeiro 10 de maio de 2025.
Transporte de mercadorías perigosas (ADR)
Alternativamente ao indicado anteriormente, para os vehículos destinados ao transporte de mercadorías e cousas, tamén se considerará cumprido o requisito se se dispón da dotación mínima de extintores que se recolle en el Acordo sobre Transporte Internacional de Mercadorías Perigosas por Estrada ADR, en función da súa MMA.
Así mesmo, os vehículos de MMA inferior a 3.500 kg que transporten mercadorías ADR deberán seguir levando un extintor de 2 kg, inclusive nos supostos de transportes baixo as excepcións parciais relacionadas coas cantidades transportadas por unidade de transporte recollidas no 1.1.3.6 do ADR.





