O Goberno declara directamente aplicable o límite de facturación de 125.000€ para poderen seguir os transportistas autónomos acollidos ao réxime de tributación por módulos en 2025

  • O Ministerio de Hacienda publicou no día de onte unha Nota na que reinterpreta os efectos da non convalidación do Decreto-Lei 9/2024 que recollía a prórroga do límite de facturación en 2024 de 125.000€ para que os transportistas autónomos puideran continuar acollidos en 2025 no sistema de estimación obxectiva (módulos).

A poucos días de finalizar o primeiro trimestre de 2025, estaba previsto para a vindeira semana unha reunión das federacións de transportistas co Ministerio para esclarecer finalmente a situación co obxecto de dar seguridade xurídica aos transportistas afectados logo da non convalidación no Congreso dos Deputados do Real Decreto-Lei 9/2024 Ómnibus que, entre outras moitas cuestións, recollía a prórroga do límite de facturación en 2024 de 125.000€ para que os transportistas autónomos puideran continuar acollidos en 2025.
Non obstante, seguramente ante o risco de que o Congreso dos Deputados puidera volver botar a baixo un novo Decreto, a Axencia Tributaria publicou no día de onte unha Nota Informativa (ver contido íntegro da Nota) dando unha nova interpretación xurídica á derrogación do Decreto-Lei 9/2024, que basicamente vén a dicir que por ter estado plenamente en vigor o Decreto-Lei durante os primeiros días de xaneiro, todos aqueles transportistas que estiveran de alta en dito réxime poderán seguir acollidos en 2025 aplicándolles o límite de 125.000 euros, en vigor a 1 de xaneiro.
En conclusión, todos os transportistas que estaban en módulos e que non superaron a cifra de 125.000 € de facturación en 2024 poden seguir en módulos no ano 2025.

© Copyright - VIEIROS