Países Baixos modificará en xullo de 2026 o seu sistema de peaxes, no camiño dun progresiva eliminación da Euroviñeta e en favor da descarbonización gradual do sector

- Os vehículos deberán levar a bordo un dispositivo de telepeaxe OBU e o sistema que se utilizará será o da colocación pórticos nas estradas.
- A contía da peaxe será menor para vehículos de menor peso e menor nivel de emisións, e o seu valor medio será duns 0,186 €/km.
Como outros moitos países europeos xa viñeron facendo nestes últimos anos (Alemania, Bélxica e Dinamarca), Países Baixos acordou a implantación dun novo sistema de peaxes para camións basado na distancia recorrida e o nivel de emisións. Así, as autoridades neerlandesas din procurar favorecer a transición cara vehículos menos contaminantes (fundamentalmente eléctricos e hidróxeno), logrando unha redución das emisións e un avance na sostenibilidade e innovación no transporte por estrada.
Así, o novo sistema denominado “vrachtwagenheffing” aplicarase a través do establecemento de pórticos nas principais estradas que controlarán o paso dos vehículos, a semellanza dos sistemas xa aplicados por outros países e un sistema de cámaras e controis in situ, noutro tipo de vías secundarias.
Para isto, os vehículos deberán levar a bordo un dispositivo de telepeaxe OBU. Neste sentido, as autoridades de Países Baixos traballaron para lograr que o sistema sexa compatible con outros, de modo que poida ser utilizado o telepeaxe de proveedores (OBU) válido noutros países do entorno, ademais de autorizar a un provedor nacional.
A entrada en vigor do novo sistema de peaxes está prevista para 1 de xullo de 2026, coincidindo coa eliminación progresiva da actual Euroviñeta vixente, e será aplicable a todos os vehículos de máis de 3,5 toneladas de MMA, quedando establecido na práctica totalidade das autoestradas existentes, así como nun número importante de estradas nacionais e rexionais.
En principio, o custo medio por quilómetro previsto é de 0,186 euros, se ben o prezo/km fixarase pola MMA do camión e o seu nivel Euro de emisións, de xeito que as contías serán máis baixas para vehículos de menos peso e menor nivel de emisións.
As tarifas de peaxes están basadas en 2 grupos ou categorías basadas no nivel de emisións de CO2, sendo o grupo CO2 1 o de vehículos menos contaminantes que terá as tarifas máis baixas.





