Vieiros crea NSeis I Deca, a aplicación máis intuitiva adaptada ás nececidades dos pequenos transportistas para crear, compartir, importar, modificar, custodiar e anular o documento electrónico de control, obrigatorio a partir de 5 Outubro

.
Que é NSEIS I DeCA ?
A aplicación deseñada e desenvolvida pola Área de IT de VIEIROS desde a óptica de atender ás necesidades específicas dos pequenos transportistas, que permite:
- Dar de alta todos os usuarios da aplicación que desexa a empresa, xa sexa persoal de oficina ou condutores.
- Crear o DeCA en escasos 20 segundos en computador/portátil, tableta ou smartphone.
- Compartir o DeCA creado co cargador, destinatario e outros.
- Asignar o DeCA ao condutor que realizará o servizo, quen poderá modificalo ou mesmo xerar un novo DeCA.
- Persoal de oficina e condutores poderán xerar DeCAs con múltiples envíos, sempre que coincidan cargador contractual e transportista efectivo.
- Permitirase a sinatura dixital por cargador/expedidor e destinatario, de xeito que o DeCA poida ser utilizado como carta de porte ou albarán.
- Poderanse anexar arquivos a cada DeCA (fotos da mercadoría, albaráns, ou calquera outro documento asociado a ese porte).
- Poderanse importar DeCAs creados polos cargadores.
- Custodiaranse 5 anos os DeCAs creados e importados.
- NSEIS I DeCA inclúe un módulo de facturación que permite xerar automaticamente as facturas aos clientes partindo dos datos dos viaxes creados.
Solicita as claves de acceso
Podes sen compromiso solicitar as claves de acceso a NSEIS I DeCA e utilizar a aplicación sen límite ata 15 Outubro.
Condicións exclusivas soci@s de Vieiros
As empresas transportistas asociadas a Vieiros que desexen adquirir e utilizar a aplicación beneficiaranse dos prezos máis axustados.
+ info e contratacións
Podes sen compromiso solicitar as claves de acceso a NSEIS I DeCA e utilizar a aplicación sen límite ata 15 Outubro.



