O BOE publica o novo Decreto Lei de medidas urxentes en materia de transporte, que protexe aos transportistas ante incrementos do diésel e establece un baremo sancionador para os cargadores que non acatan a lei en canto indexación das flutuacións do combustible desglosadamente na factura

–
- Desde VIEIROS felicitámonos pola publicación deste Decreto-lei, que basicamente recolle as demandas das asociacións do sector en canto a establecer para os transportistas un “escudo” legal ante as flutuacións do prezo do carburante, reforzando o carácter obrigatorio da aplicación da cláusula de revisión conforme un procedemento regulado de cálculo en base aos prezos semanais do gasóil, que deberá figurar desglosadamente na factura, e establece un baremo sancionador exemplar para os cargadores e intermediarios que non respeten esta lei.
O Boletín Oficial do Estado publicou no día de onte o Real Decreto-lei 9/2026, de 14 de abril, de medidas urxentes en materia de transporte, que no que atinxe especificamente ao transporte de mercadorías por estrada protexe ao transportista efectivo, xa que modifica a Lei 15/2009, de 11 de novembro, de contrato de transporte terrestre no seu artigo 38 e a Orde FOM/1882/2012, de 1 de agosto, pola que se aproban as condicións xerais de contratación dos transportes de mercadorías por estrada, nos artigos relativos á revisión do prezo do transporte en función da variación do prezo do combustible, co obxecto de garantir por fin a aplicación efectiva da fórmula de revisión do prezo do transporte pola variación do prezo do combustible, establecendo o seu carácter obrigatorio para o cargador. Ademais, modifícase o Réxime Sancionador recollido la Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres a fin de incluír as sancións ás que se enfrontaría o cargador en caso de incumprimento da obrigatoriedade de aplicar a cláusula.
Para acceder ao texto completo: 🔗 https://www.boe.es/boe/dias/2026/04/15/pdfs/BOE-A-2026-8283.pdf
A continuación detállanse as medidas en materia de trans`porte de mercadorías por estrada que recolle o Decreto-lei:
✏️ Carácter obrigatorio e desglosado da indexación do gasóil
- OBRIGATORIO: Refórzase o carácter obrigatoria da aplicación da fórmula de revisión dos prezos de transporte en función das variacións do prezo do combustible, sen posibilidade de pacto en contrario.
- DESGLOSE EN FACTURA: O importe resultante de aplicar a fórmula de revisión dos prezos de transporte en función das variacións do prezo do combustible debe figurar desglosado na factura. En concreto, a factura debe mostrar, nunha liña, o importe correspondente ao prezo do transporte segundo as condicións económicas pactadas co cliente e, nunha liña separada, o importe resultante de aplicar a fórmula. A suma de ambos os importes constituirá a base impoñible sobre a que se aplica o IVE.
✏️ En cada periodo de facturación
Nos servizos de transporte de carácter continuado, a fórmula de indexación aplicarase a todas as facturas, independentemente de calquera flutuación no prezo do gasóleo, xa que a lei recolle expresamente que a fórmula se aplicará ao mesmo tempo que o período de facturación, é dicir, cada vez que a empresa transportista emita unha factura.
✏️ Modificación da fórmula de cálculo
Co obxecto de reflectir mellor o impacto das flutuacións do prezo do diésel nos custos totais de explotación do vehículo, modifícase a fórmula para calcular as variacións do prezo do transporte, que queda do seguiente xeito:
ΔP = ( G x P x C ) / 100
- ΔP: Variación do prezo de transporte.
- P: Prezo do transporte fixado ao contratar.
- G: % variación do prezo medio semanal do gasóil feito público pola Administración entre o intre de celebración do contrato (prezo de referencia) e o prezo do gasóil en que se realizou efectivamente o transporte. Para este cálculo tomarase como referencia, en vehículos suxeitos a devolución por gasóleo profesional, o prezo de adquisición do combustible sen ter en conta o IVE nin a devolución parcial por gasóleo profesional, e en vehículos non suxeitos a devolución por gasóleo profesional, o prezo de adquisición do combustible sen ter en conta o IVE.
- C: (NOVIDADE!) Coeficiente de indexación vencellado ao prezo do gasóleo antes de impostos (PAI). Establécese un escalado para ese coeficiente de indexación “C”, en función do prezo PAI medio semanal do gasóleo feito público pola Administración da data da realización do transporte, que responderá aos seguintes criterios segundo o tipo de vehículo:

✏️ Base para o cálculo da indexación: prezo medio mensual
Establécese expresamente que para a determinación da variable “G” da fórmula deberase partir dos prezos medios semanais que publique o Ministerio de Transporte na súa web.
- En concreto, os prezos do diésel que publique o Ministerio de Transportes serán os mesmos do martes dunha semana ata o luns da seguinte e actualizarase todos os martes, de modo o prezo do diésel necesario para calcular a fórmula para os servizos de transporte realizados durante cada semana serán os mesmos.
- En calquera caso, o Ministerio de Transporte facilitará o cálculo da fórmula mellorando a información da súa páxina web, detallando como se calcula cada unha das variables que conforman a fórmula.
→ SERVIZOS CONTINUADOS CON FACTURACIÓN PERIÓDICA: Se a factura emitida polo transportista é quincenal ou mensual, a fórmula deberá calcularse por separado para os servizos de transporte de cada semana, conforme a publicación de prezos semanais na web do Ministerio.
✏️ Infraccións ao cargador que rexeite aplicar a fórmula





