O Congreso rexeita por segundo ano a prórroga do límite de facturación de 125.000 € para que máis de 30.000 transportistas autónomos poidan seguir tributando por módulos en 2026

- O pasado 23 de decembro o Goberno incluiu no Real Decreto-Ley de medidas sociais para 2026 a prórroga de 125.000 € de límite de facturación para poder continuar acollidos en 2026 ao réxime de módulos.
- Como xa aconteceu o pasado ano, o Congreso dos Deputados rexeitou dita norma, o que deixa novamente a máis de 30.000 transportistas autónomos nunha situación de inseguridade tributaria por motivos meramente políticos.
Por segundo ano consecutivo, a prórroga do límite de facturación anual de 125.000 € para que as empresas sigan podendo acollerse ao réxime fiscal simplificado en 2026, que o Goberno aprobou o pasado 23 de decembro coincidindo coa última reunión do Consello de Ministros do ano, incluíndoa no Real Decreto-Lei Ómnibus de medidas sociais e económicas, foi rexeitada polo Congreso dos Deputados por falta dunha maioría parlamentaria suficiente para ratificar devandito Decreto-Lei.
Na práctica, isto supón, como xa aconteceu o ano pasado, crear unha nova situación de enorme incerteza xurídica para unha grande parte do sector do transporte autónomo, xa que a menos que se aprobe nas próximas semanas un novo Real Decreto-Lei que volva incluír esta ampliación, ou se adopte outra solución administrativa excepcional, como finalmente se acordou o ano pasado, máis de 30.000 transportistas autónomos quedarán excluídos deste réxime fiscal máis favorable, e, polo tanto, terían que tributar polo sistema de estimación directa o resto do ano.
Neste contexto, FENADISMER xa anunciou que solicitará con urxencia ao Ministerio de Hacienda que especifique como vai resolver esta nova situación creada para os transportistas afectados por este revés político. Estes transportistas comezaron o ano cun réxime fiscal para a súa actividade que agora podería ser alterado sustancialmente por razóns puramente políticas, sen considerar o seu impacto real nos milleiros de transportistas amparados por este réxime.





