Resolución final tributación por módulos 2026

- O Goberno confirma que para este ano 2026 poderán seguir acollidos ao réxime de estimación obxectiva por módulos aqueles transportistas autónomos que en 2025 non alcanzaron os 125.000€ de facturación por servizos de transporte.
O Goberno anunciou publicamente que o Ministerio de Hacienda publicará nos vindeiros días unha Nota Informativa na súa web confirmando a prórroga un ano máis do límite de 125.000 euros de facturación para seguir acollidos os transportistas autónomos ao réxime de tributación obxectiva, en base ao criterio idéntico ao ano pasado: xa que a prórroga do límite de 125.000€ estaba vixente a 01/01/2026 (logo da aplicación do Decreto-Lei que posteriormente non validou o Congreso), entón interprétase que a súa validez se estende a todo o exercicio de 2026.





