VIEIROS alerta que a non actualización das tarifas de transporte en consonancia coa brusca suba dos prezos do gasóleo que estamos a padecer estes días pode derivar nun conflito como o vivido en 2022 a raíz da alza do gasóleo pola guerra de Ucraína

- Así mesmo, VIEIROS denuncia publicamente as prácticas de abuso que están desenvolver estes días as petroleiras, aproveitándose da incerteza derivada do conflito bélico, aplicando subas do prezo do carburante esaxeradas, que non se corresponden coa moito máis lenza alza do prezo do barril de crú.
Ante a escalada do conflito bélico en Oriente Medio que está a xerar incerteza no mercado enerxético mundial, é necesario advertir urxentemente a todos os transportistas por estrada sobre o máis que previsible aumento crítico dos prezos do diésel, que podería alcanzar niveis récord nos vindeiros días, dun modo moi semellando ao acontecido en 2022 coa guerra en Ucraína.
A actualización de tarifas non é só unha necesidade, senón unha obriga legal
Polo tanto, VIEIROS quere recordar que a cláusula de revisión dos prezos de transporte en función das flutuacións do prezo do combustible establecida en 2022 é legalmente vinculante, é dicir, de aplicación obrigatoria para os dous actores no contrato de transporte (verbal ou escrito): cargador e porteador sempre que a variación do prezo do gasóleo (tanto incremento como decremento) supera o 5% desde a data en que se contratou o porte ata a data en que efectivamente se presta o servizo.
En consecuencia, a actualización de tarifas conforme a cláusula de revisión non se trata simplemente dunha necesidade para a supervivencia das pemes e autónomos transportistas neste escenario alcista do prezo do diésel, senón unha obriga legal á que non se poden negar as empresas cargadoras e axencias contratantes de servizos de transporte.
Neste sentido, desde VIEIROS estaremos atentos á atitude que neste contexto adopten as cargadoras nas vindeiras semanas, xa que non imos tolerar prácticas abusivas e irrespectuosas desde posicións de dominio e sometimento cara os transportistas, que contraveñan a legalidade vixente.
Por último, é conveniente alertar que a non actualización das tarifas de transporte en consonancia coa brusca suba dos prezos do gasóleo que estamos a padecer pode derivar nun conflito como o vivido en 2022 a raíz da alza do gasóleo pola guerra de Ucraína, onde precisamente unha situación semellante á actual derivou nun paro de 2 semanas na actividade das pemes e autónomos transportistas.
Prácticas abusivas das petroleiras
Por outra banda, VIEIROS quere aproveitar para denunciar publicamente o comportamento abusivo que están a desenvolver algunhas das principais compañías petroleiras no actual contexto bélico en Oriente Medio. Desde o pasado venres tense experimentado un incremento aproximado de 30 céntimos por litro no prezo de venda ao público do gasóleo, suba que non se xustifica pola evolución de prezos do crú nestes días, e que por tanto responde basicamente a movementos especulativos baixo a escusa da guerra en Irán.
Ademais, hai que poñer de manifesto que o combustible suministrado esta primeira semana do conflito bélico foi adquirido antes do comezo das hostilidades, polo que o traslado inmediato de custos carece de base económica e só ten como fundamento prácticas especulativas.
Por todo isto, a nosa federación FENADISMER xa instou publicamente ao Goberno español a un control estrito das márxes das petroleiras e, de continuar este escenario alcista de prezos do gasóleo, a aprobación inmediata de novas bonificacións ás empresas transportistas, tal como se concedereon en 2022 ante un escenario semellante a raíz da guerra de Ucraína.





