VIEIROS solicita á Xunta que os condutores que perderon de realizar os seus cursos CAP de formación obrigatoria ao quedaren bloqueados polas restricións de Tráfico extraordinarias dos días 23 e 24 de xaneiro por mor de ameaza de neve poidan convalidar as horas xa realizadas en cursos CAP nos que se inscriban a posteriori

Como é sabido, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) emitiu o pasado xoves día 22 de xaneiro de 2026 Resolución pola cal establecía determinadas restricións á circulación por risco ante previsión de nevadas os días 23 a 25 de xaneiro de 2026, con carácter xeral, aos vehículos destinados ao transporte de mercadorías de más de 7.500 kg de masa máxima autorizada.
As vías restrinxidas ao tráfico de camións ao abeiro desta Regulación non só se localizaban en estradas interiores de Galicia, senón tamén bloquearon os principais accesos por estrada a Galicia (autovías A-52 e A-6), de xeito que moitos condutores galegos quedaron embolsados en áreas de servizo fundamentalmente castelán-leonesas durante máis de 24 horas e non puideron retornar a casa ata ben avanzado o sábado día 24, logo de que a DGT levantase a maioría das restricións na mañá dese día 24.

Esta imposibilidade de poder retornar no horario previsto derivou en que numerosos condutores que estaban no proceso de realizar os seus cursos de formación continua obrigatoria CAP conforme ao Real Decreto 284/2021, non puideran asistir ao centro de formación para continuar nos cursos en que estaban inscritos por esta causa de forza maior.
Así, os casos máis graves son aqueles en que algúns condutores xa tiñan a maior parte das horas e módulos do curso realizado e agora se encontran no escenario de ter que repetir o curso integramente, xa que non é tan doado para os centros de formación reprogramar o horario do curso de xeito que a reprogramación permita a todos os alumnos asistir, entre outras razóns porque o bloqueo de camións da semana pasada derivou nuns prexuízos económicos importantes ás empresas transportistas afectadas e condicionou en boa medida a reorganización do transporte esta semana, de modo que moitos dos condutores afectados esta semana van ter dificultades para continuar e rematar o curso CAP no que estaban inscritos.
Ante esta circunstancia tan excepcional y imprevista, allea á vontade das empresas e aos seus condutores, VIEIROS solicitou formalmente á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia facilitar que estes condutores poidan rematar a súa formación continua obrigatoria do CAP coas maiores facilidades posibles. En concreto, VIEIROS vén de propoñer á Dirección Xeral de Mobilidade que aqueles condutores afectados polas restricións extraordinarias da semana pasada que tiñan xa realizada unha parte do seu curso CAP e non poidan por horarios continuar nese mesmo curso CAP, non perdan as horas xa cursadas dos módulos correspondentes do temario e poidan inscribirse nun novo curso (a realizar nun prazo máximo, por exemplo, tres meses), convalidándoselles neses novo curso esas horas realizadas no curso incidentado.
É máis, dado que a Administración segue sen abrir a posiblidade de que a formación continua do CAP, obrigatoria para os condutores de vehículos de transporte de mercadorías, se poida realizar integramente de modo online (na modalidade de teleformación ou de aula virtual), VIEIROS tamén solicita á Administración que de forma xeral se desenvolva a posibilidade de convalidar as horas xa realizadas por un condutor nun curso CAP de formación continua obrigatoria noutro curso CAP de formación continua obrigatoria a celebrar con posterioridade (nun prazo máximo de por exemplo tres mes) no suposto de que, por mor de calquera circunstancia de forza maior, allea á vontade da súa empresa e á do propio condutor, circunstancia que desde logo fose debidamente xustificada segundo o procedemento que se estableza aos efectos, ese condutor non poida rematar ese curso CAP, de modo que así non perda as horas xa realizadas.
Desde VIEIROS considérase que a escaseza de condutores é tamén outro factor condicionante que nos debe facer artellar este tipo de mecanismos para facilitar a realización da formación obrigatoria do CAP.