DGT confirma que un conxunto euromodular cargado con pacas de palla pode ir a 4,5m de altura como calquera trailer de 5 eixos
.
- A DGT vén de responder por escrito a esta consulta formulada por VIEIROS
Como é sabido, a Orde PJC/780/2025, do 21 de xullo modificou parcialmente o Regulamento Xeral de Vehículos, establecendo entre outras novidades máis tipoloxías de vehículos que poden, incluída a carga, alcanzar os 4,5 m de altura máxima. En concreto, desde estón permítese que poden atinxir os 4,5 m de altura os camións ou vehículos articulados de altura variable que transporten animais vivos, pacas de palla ou forraxe; e o subministro de provedores a industrias a través de rutas predeterminadas de menos de 50 km.
Así as cousas, non ficaba claro se na consideración de vehículos articulados tamén se poderían incluír os conxuntos euromodulares, coñecidos comunmente como duotrailers e desde Vieiros elevouse consulta a DGT cuxa resposta por escrito acaba de ser recibida confirmando que efectivamente os euromodurares cargados de pacas de palla tamén poden chegar aos 4,5 m de altura máxima, sen prexuízo da obriga de cumprir todos os demais requisitos, condicións e limitacións establecidos na normativa aplicable á circulación de conxuntos de vehículos euromodulares, así como calquera outro requisito adicional que poida ser de aplicación específica en función da correspondente autorización de circulación e do itinerario concreto utilizado, en particular, os itinerarios autorizados po DGT para a circulación destes conxuntos de vehículos.
Así mesmo, o escrito recibido de DGT tamén fai énfase en que a carga que se transporta debe estar debidamente estibada, suxeita e inclusive cuberta, de xeito que se evite a caída de restos á estrada ou calquera movemento durante o traxecto que poida comprometer a estabilidade, a seguridade ou as condicións de funcionamento do conxunto de vehículos.





