Aberta convocatoria 2026 de probas dirixidas á obtención e renovación do título de Conselleiro de Seguridade en ADR

.
- Os interesados/as en presentarse nesta convocatoria de 2026 teñen ata 22 de xuño para tramitar a instancia que dá dereito a participar nas probas de obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade.
- As probas terán lugar previsiblemente na 2ª quincena de outubro do presente ano.
O DOG de 22 de maio de 2026 publicou a Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca para o presente ano 2026 a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.
As persoas interesadas na obtención ou renovación do título dispoñen de prazo ata o 22 de xuño para tramitar telematicamente a instancia que dá dereito a participar nas probas.
As probas terán lugar previsiblemente na segunda quincena do mes de outubro do presente ano 2026 (data exacta, horarios e lugar aínda sen concretar, serán publicados no DOG cunha antelación mínima de quince días á data elixida).
Curso preparatorio para afrontar as probas con garantías
As persoas interesadas en realizar unha formación preparatoria para estas probas de 2026, teñen á súa disposición o curso que imparte o noso enxeñeiro especialista en ADR, Camilo González.
- Modalidade do curso: Online (aula virtual)
- Horario: luns e xoves de 19:00 a 22:00 h. desde o 24 de agosto ata a data do exame.
- Inscricións: 986 169 268 / 881 243 859 / 988 989 033
.
En que supostos as empresas deberán contar cun conselleiro de seguridade?O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar obrigatoriamente coa figura do Conselleiro de Seguridade: A. Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independientemente do nº de viaxes que se realice ao ano). B. Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1.000 litros, excepto que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operación de descarga de forma expresa. C. Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.). D. Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que contexen amianto, terras contaminadas, etc.). |





