A multitudinaria Asemblea de Transportistas da Madeira (Galicia-Asturias) celebrada hoxe 28 Outubro en Vilalba decide manter a suspensión da actividade ata que Ence asuma boa parte das demandas acordadas na Asemblea do pasado 23 de Outubro
.
Máis de 150 transportistas galegos e asturianos reuníronse na mañá de hoxe en Vilalba para analizar a situación logo de ter iniciado o pasado 23 de Outubro unha suspensión temporal da actividade de transporte a ENCE Energía y Celulosa, S.A. (en adiante, ENCE), que está ter un apoio e seguimento masivo (practicamente do 100%) nas súas fábricas de Pontevedra e Navia, razón pola cal ENCE se viu na obriga de mover ficha e deu traslado dun proposta para tratar de chegar a un acordo que fixera fin á paralización.
Logo dun tenso pero produtivo debate, os transportistas de madeira acordaron por unanimidade manter a paro na prestación dos seus servizos ás fábricas ao considerar insatisfactoria a proposta recibida no día de onte de ENCE, insistindo na necesidade de que a factoría asuma boa parte das reivindicacións que se lle foron comunicadas tras a Asemblea celebrada o pasado 23 de Outubro na que se acordou a paralización da actividade, que se relacionan a continuación:
- Restauración dos prezos vixentes a 22/10/2025, como referencia para todos os servizos de transporte.
- Aplicación de ditos prezos á nova tonelaxe permitida, de modo que as toneladas adicionais que agora poden transportarse se retribúan ao prezo por tonelada vixente a 22/10/2025.
- En traxectos superiores a 200 km, aplicación inmediata dunha actualización adicional de 4% sobre os prezos de 22/10/2025, en recoñecemento da desactualización e sobrecustos reais.
- Actualización de IPCs acumulados desde 2021, con revisión anual automática.
- Inclusión nos custos do transporte do consumo de AdBlue.
- Actualización do prezo do transporte de madeira de piñeiro propiedade de ENCE destinada a terceiros clientes, equiparándoo ao resto de servizos, e eliminando os retrasos no pagamento existentes.
- Actualización do precio da grúa autocargante a 2,5 €/Ton cargada, considerando o incremento do custo actual de adquisición e mantemento deste equipo, os maiores custos laborais e o plus de perigosidade.
- Para a madeira residual cargada en parques, establecemento dun mínimo esixible de 26 Ton por servizo.
- Corrección inmediata das incongruencias detectadas entre a lonxitude das rutas marcadas por GPS e as distancias calculadas por ENCE, adaptando a liquidación dos servizos aos quilómetros reais recorridos.





