O Goberno rectifica o modo de cálculo de cláusula de indexación do gasóil en tanto en canto o IVE sexa do 10% e ábrese a negociar co sector unha mellora do paquete de medidas de axuda aprobadas

.
- A rectificación do Goberno foi rápida establecendo que ata 31 de xuño, mentres ao gasóil se lle aplique o IVE reducido do 10%, o cálculo da indexación no prezo do transporte da fluctuación do prezo do carburante farase coa fórmula establecida ao efecto, pero sobre a base do prezo do carburante sen impostos.
- Hoxe remótanse as negociacións das federacións de transportistas con representantes dos ministerios implicados co obxecto demellorar o paquete de axudas ao sector para minguar os efectos do conflito en Oriente Medio.
- Así mesmo, tamén anunciou que o Ministerio de Hacienda emitirá unha nota técnica para confirmar que para este ano 2026 poderán continuar en módulos aqueles transportistas autónomos que en 2025 non facturaron máis de 125.000 €.
O ultimátum dado polas federacións do sector ao Goberno foi efectivo no sentido en que o Ministerio rectificou rapidamente a forma de cálculo establecida para a determinación da cláusula de indexación do prezo do transporte en función das variacións que experimente o prezo do carburante, forma de cálculo que quedara completamente invalidada coa decisión de reducir de modo extraordinario ata 31 de xuño o IVE do gasóleo A ao tipo do 10%. Hai que recordar que a utilización desta fórmula de cálculo é obrigatoria aplicación para cargador e porteador desde 2022 cando a variación do carburante sexa superior ao 5% para todos os contratos de transporte (verbais ou escritos) e tamén para contratos continuados alomenos trimestralmente e determínase a partir dos prezos medios en España de venda ao público do gasóleo A que regularmente publica o Ministerio de Transportes na súa web.
Neste contexto, para rectificar o efecto invalidante do IVE reducido ata xuño de 2026, o Ministerio xa emitiu unha nota metodolóxica oficial na súa web establecendo que transitoriamente durante este período o cálculo da indexación do gasóil no prezo do transporte farase a partir dos prezos sen IVE nin impostos do cumbustible, que ademais xa o propio Ministerio está a publicar así na súa web, a cal se pode acceder directamente a través da seguinte ligazón:
https://www.transportes.gob.es/transporte-terrestre/servicios-al-transportista/indice-de-variacion-los-preciosdel-gasoleo-en-espana
Así mesmo, na nota metodolóxica oficial publicada na web do Ministerio tamén se fai énfase en que as axudas extraordinarias e temporais ao sector recollidas no Real Decreto-lei 7/2026, de 20 de marzo, non teñen efectos directos nos prezos do gasóleo a tomar como base de cálculo para a revisión do prezo do transporte conforme a referida fórmula.
A partir de hoxe 30 de marzo comezou a reunirse unha mesa de traballo composta por representantes dos ministerios de Transportes, Economía e Facenda coas federacións de transportistas co obxecto de tratar de mellorar o paquete de axudas ao sector incluídas no Real Decreto Lei 7/20026 aprobado polo Goberno que xa ratificou o Congreso, que desembocaría na aprobación dun novo Decreto-lei no vindeiro mes de abril.
Réxime de módulos 2026
Por outra banda, o Ministerio de Transportes tamén anunciou que Hacienda emitirá unha nota técnica para confirmar finalmente que para este ano 2026 poderán continuar en módulos aqueles transportistas autónomos que en 2025 non facturaron máis de 125.000 €.





