Cártel das petroleiras Repsol e Cepsa: o Fondo de Litigación abre unha 4ª e última fase para incorporación de novos reclamantes á demanda colectiva
- Ante a recente sentenza estimatoria da demanda contra a petroleira BP, que se agarda poida ser definitiva nos próximos meses, o Fondo de Litigación abre unha nova fase este mes de xuño para a incorporación de novos reclamantes que entre 2006 e 2021 repostaron en estacións de servizo Cepsa e Repsol con tarxetas de carburante destas petroleiras.
- A adhesión ás demandas colectivas contra Cepsa e Repsol non ten custo e o prazo límite é o 23 de xuño de 2025.

En 2022 Fenadismer promoveu en colaboración cun Fondo de Litigación internacional especializado unha reclamación xudicial colectiva contra as principales compañías petroleiras que operan en España por prácticas restritivas da competencia consistentes en incrementar artificialmente os prezos finais de venda dos carburantes na súa rede de estacións de servizo durante máis dunha década, como así acreditou a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, que se abriu á incorporación de todos os transportistas que o desexaron.
Como resultado desta reclamación, o pasado mes de marzo obtívose unha sentenza pioneira e moi favorable na que os tribunais condenaron á petroleira BP a indemnizar a todos os que se adheriron á reclamación, sentenza que xa foi apelada pola petroleira e da que se espera unha sentenza definitiva nos próximos meses.
Nova fase aberta a novos reclamantes que respostaron Repsol e/ou Cepsa
Esta sentenza contra BP abre a posibilidade de abrir unha nova fase para a incorporación de novos reclamantes contra as outras 2 petroleiras das que aínda non se ditou sentenza na reclamación interposta contra estas (Repsol e Cepsa-Moeve). Por tanto, esta nova fase que se abre é exclusivamente para a adhesión de autónomos e empresas que non se sumaron á demanda contra o Cártel das Petroleiras en ningunha das fases anteriores e que repostaron en Repsol e Cepsa.
Non se debe confundir este procedemento coa reclamación de devolución do imposto autonómico de hidrocarburos declarado ilegal polo Tribunal europeo.
Condicións da reclamación
➔ GRATUIDADE TOTAL PARA O RECLAMANTE
De igual xeito que nas fases anteriores, a adhesión á reclamación é 100% GRATUÍTA. Non ten ningún custo para o reclamante xa que todos os custos, inclusive os xudiciais son soportados integramente polo Fondo de Litigación. En contraprestación, en caso de éxito da reclamación, o reclamante recibirá o 60% do importe que se obteña, deducidos primeiramente los gastos taxados de peritaxe e avogados, e o 40% restante sería para o Fondo.
➔ QUE PODE RECLAMARSE
Poderá reclamarse o sobreprezo de todos os consumos efectuados en estacións de servizo (non se admiten consumos en depósitos propios) das marcas REPSOL ou CEPSA realizados a través de tarxetas de carburante destas marcas (SOLRED, DKV, RESSA, CEPSA e STARRESSA) desde o 2º semestre de 2006 ata 31 de decembro de 2021 inclusive
➔ PRAZOS E PROCEDEMENTO
O prazo para adherirse á reclamación remata o 23 de xuño de 2025, data en que deberá remitirse toda a documentación necesaria para aportar ao Fondo de Litigación que se indica no punto seguinte. As persoas interadas deberán enviar mail a info@vieiros.gal solicitando as instrucións dos pasos a seguir para formalizar a súa adhesión a esta demanda colectiva.





