O Ministro de Economía confirma que as axudas ao sector pola alza de gasóleo serán, como en 2023, a través de devolucións directas da Axencia Tributaria
- A aprobación deste sistema de reembolso para o sector do transporte require a autorización previa da Unión Europea, por tratarse de axudas de Estado, que previsiblemente se conforme a próxima semana.
- A contía a reembolsar por litro e o período de aplicación aínda non está definido.

.
Onte xoves 12 de marzo as principais federacións de transportistas reuníronse co Ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e este último confirmou que o Goberno descartou establecer descontos xerais nas gasolineiras para o todo o público en xeral e, no seu lugar, restablecerá o mecanismo de axuda directa a través do sistema de devolución da Axencia Tributaria, tal como se lle solicitara no día anterior ao Ministro de Transportes, para evitar que as empresas petroleiras acaben beneficiándose das axudas, como aconteceu en 2022.
O sistema de reembolsos directos ás empresas transportistas, que funcionou con éxito en 2023, responde á antiga demanda do sector: que as bonificacións cheguen directamente ao transportista mediante devolucións xestionadas pola Axencia Tributaria, garantindo que o apoio financeiro beneficie exclusivamente aos profesionais do transporte. O obxectivo é implementar un sistema idéntico ao de 2023, baseado en reembolsos directos ás contas dos transportistas, evitando a complexidade dos descontos no punto de venda.
A contía da bonificación por litro e mais o período de aplicación aínda non está decidido.
Pendentes do visto e prace da U.E.
A implementación efectiva depende de que o Consello Europeo aprobe o marco de Axudas de Estado, trámite que previsiblemente se celebrará a próxima semana. Unha vez obtido o visto e prace da Unión Europea, o Goberno tramitaría a aprobación a nivel estatal, proceso que podería demorarse uns días.
Desde VIEIROS valoramos positivamente a decisión do Ministerio de Economía de optar por este sistema de bonificacións. En todo caso, estaremos vixiantes no sentido de que a tramitación lexislativa sexa o máis urxente posible dada a situación financeira dos transportistas derivada dos brutais incrementos do prezo dos carburantes.





