Decepcionantes as medidas incluídas no Decreto-Lei do Goberno para axudar ao sector a paliar os efectos da crise de prezos no carburante

- As axudas ao combustible aprobadas favorecen máis aos vehículos particulares que aos profesionais do transporte, malia ser este último o colectivo máis afectado pola alza do diésel derivada do conflito en Irán. En concreto redúcese o IVE do 21% ao 10% e mais o imposto de hidrocarburos en 4,9 cts o litro, suprimindo deste xeito a marxe do gasóleo profesional.
- Ante este escenario, Fenadismer xa solicitou ao Goberno unha rectificación inmediata nos poucos días que restan do mes de marzo, porque de non ser así os transportistas non terán outra saída que iniciar mobilizacións.
Onte sábado 21 de marzo publicouse no BOE o Real Decreto-lei 7/2026, de 20 de marzo, polo que se aproba o Plan Integral de Resposta á Crise en Oriente Medio que entra en vigor hoxe 22 de marzo, que logo dunha completa lectura e análise podemos concluír que as medidas que se inclúen destinadas a minguar no sector do transporte os duros efectos da escalada no prezos do diésel son decepcionantes e inclusive en certa medida prexudiciais:
- Favorecen de xeito desproporcionado aos vehículos privados en detrimento do transporte público, xa que o Goberno procurou prioritariamente baixar considerablemente o prezo de venda o público (PVP) do combustible en estación de servizo, tanto do diésel como da gasolina, primeiro rebaixando o IVE do combustible do 21% ao 10% e logo reducindo o imposto de hidrocarburos (IH). O IVE é un imposto neutro para as empresas transportistas, polo tanto non supón ningunha vantaxe máis aló que non ter que adiantado a Facenda. E logo, no caso concreto do diésel, a redución no IH en 4,9 cts en litro derroga na práctica a marxe do gasóleo profesional (de momento ata 30 de xuño).
- O Goberno decidiu non incluír, tal e como se lle solicitou por activa e por pasiva desde as federacións de transportistas e que xa fixera cando a guerra de Ucraina, un incremento de 10 puntos porcentuais o índice da cláusula de indexación do combustible para todas as tipoloxías de vehículos (do 30% ao 40% para o transporte pesado, do 20% ao 30% para vehículos intermedios entre 3,5 e 20 toneladas de masa máxima e do 10% ao 20% no furgón lixeiro de ata 3,5 toneladas).
- Lonxe do anterior, a redución do PVP no diésel consecuencia de baixar o imposto indirecto en 11 puntos porcentuais e a abolición dos 4,9 cts no IH ata o mínimo legal europeo cargándose a marxe do gasóleo profesional, ten como derivada directa que a cláusula de indexación do diésel queda totalmente desvituada para as empresas de transporte, que terán que absterse de empregar esta cláusula para repercutir os aumentos do prezo do combustible nos seus clientes.
- Os transportistas titulares de vehículos de masa máxima superior a 7,5 Ton terán unha bonificación de 20 cts en litro no imposto de hidrocarburos desde a entrada en vigor deste Decreto-Lei ata o 30 de xuño, bonificación que percibirán mensualmente da Axencia Tributaria pola vía do gasóleo profesional. Polos vehículos restantes de menor tonelaxe gozarase dunha axuda directa que percibirán aproximadamente en agosto: 665 € os de masa máxima entre 3,5 e 7,5 Ton e 450 € os máis lixeiros que non alcanzan os 3,5 Ton, contías que en todo caso ademais son inferiores ás das axudas habilitadas pola guerra de Ucraína de 2022/23, cando o prezo do diésel non estaba tan alto como hoxendía.
- Así mesmo, inclúese a condición de que aqueles transportistas que desde hoxe 22 de marzo ata 30 de xuño non poderán despedir ningún traballador, porque de facelo perderían a axuda.
- Por último, tamén se inclúe no Decreto-lei que o Goberno porá en marca a través do ICO unha liña de avais para as tarxetas de crédito do diésel.
Rectificación ou mobilizacións
Ante este escenario de asfixia económica para o sector do transporte por estrada e a absoluta insuficiencia das medidas aprobadas, Fenadismer xa advertiu publicamente onte ao Goberno que se non rectifica de modo inmediato antes de que remate o presente mes de marzo, o sector non vai tardar a iniciar unha paralización da actividade e comezar mobilizacións a nivel estatal.




