Novos requisitos para poder percibir o cobro das axudas do gasóil aprobadas en marzo pola guerra en Irán

.
- Por esixencia da Unión Europea, o Ministerio de Hacienda publicou unha Orde Ministerial específica para o procedemento de pagamento das axudas de 22/03/2026 a 30/06/2026 (TANTO AS DE 20 CTS COMO AS AXUDAS DIRECTAS PARA VEHÍCULOS DE MMA < 7,5 TON).
- Esta Orde obriga a algunhas empresas transportistas en función do tamaño ou se solicitaron ambas axudas, ou ben se están en situación concursal, a presentar unha nova declaración na sede electrónica da Axencia Tributaria.
- Estas axudas deberán ser declaradas no modelo 347.
Requisitos a cumprir en función da tipoloxçia do transportista beneficiario
- Caso 1: AUTÓNOMOS OU PEMES EN SITUACIÓN DE CRISE OU CONCURSO A 28 FEBREIRO
Non poderán recibir as axudas as pemes ou autónomos en situación legal de crise ou concurso de acredores a 28 de febreiro de 2026, excepto en caso de autónomos ou pequenas empresas que sairan do concurso. En todos estes casos de exclusión por situación de crise ou concurso de acredores, o autónomo ou empresa estará na obriga de presentar unha Declaración responsable con data límite 30 de xullo na seguinte ligazón da web da Axencia Tributaria:
Dito isto, convén deixar claro que non toda dificuldade económica supón estar en crise a estes efectos: por exemplo, unha empresa que está cumprindo un acordo de refinanciamento (fóra do concurso) non se considera automaticamente en crise, ou tamén no suposto da empresa que está negociando cos seus acredores tampouco se consideraría automaticamente en crise.
- Caso 2: AUTÓNOMOS OU PEMES EXCLUSIVAMENTE CON VEHÍCULOS DE MMA ≥ 7,5 TON
Os transportistas titulares exclusivamente de vehículos con dereito a gasóleo profesional (GP), é dicir, vehículos diésel con MMA ≥ 7.500 kg no período de 22/03/2026 a 30/06/2026, NON teñen que presentar ningunha Declaración responsable nin facer nada adicional, pero SI deberán conservar as facturas dos consumos durante 10 anos. En princicio, a Axencia Tributaria comezará a abonar as axudas de 20 cts/litro previsiblemente a finais deste mes de xullo.
- Caso 3: AUTÓNOMOS OU PEMES EXCLUSIVAMENTE CON VEHÍCULOS SEN DEREITO A GP
No caso de transportistas de mercadorías con vehículos sen dereito a gasóleo profesional por ser diésel de MMA < 7,5 toneladas no período referido, ou ben propulsados con gas, que como é sabido percibirán unha axuda fixa segundo a categoría do vehículo, NON teñen que presentar ningunha Declaración responsable nin facer nada adicional se o importe da axuda a recibir non supera o límite de 50.000 euros, cifra que só se alcanza se teñen un moi elevado número de vehículos.
De superar ese límite de 50.000 euros, teñen que presentar con data límite o 31 de decembro de 2026 unha Declaración responsable na que se deberá declarar os litros de carburante realmente consumidos entre 1 de marzo e 30 de xuño, a través da seguinte ligazón web da Axencia Tributaria:
En todo caso, a quen supere ese límite de 50.000€, a Axencia Tributaria abonaralle de forma provisional eses 50.000€ en agosto e posteriormente o resto que supere dito importe unha vez teña presentada a Declaración responsable. Igualmente, deberán conservar as facturas dos consumos durante 10 anos.
- Caso 4: AUTÓNOMOS OU PEMES CON VEHÍCULOS CON E SEN DEREITO A GP
Os transportistas titulares de vehículos con dereito a gasóleo profesional (vehículos diésel con MMA ≥ 7.500 kg beneficiarios da axuda dos 20 cts/litro) e ao mesmo tempo titulares de vehículos excluídos do gasóleo profesional (beneficiarios por tanto tamén da axuda fíxa por vehículo):
1º) Comezarán a percibir previsiblemente este mes de xullo a axuda dos 20 cts/litro polos consumos realizados cos vehículos con dereito a gasóleo profesional.
2º) Sen embargo, para poder cobrar ademais as axudas correspondentes aos vehículos sen dereito a gasóleo profesional, terán que necesariamente presentar unha Declaración responsable na que se deberá declarar os litros de carburante realmente consumidos por estes vehículos entre 1 de marzo e 30 de xuño con data límite 31 de decembro no enlace web da Axencia Tributaria que se indica a seguir, ademais de tamén conservar as facturas dos consumos durante 10 anos:
Como declarar tributariamente estas axudas
Estas axudas, por seren xestionadas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), deberán informarse no Modelo 347 de declaración anual de operacións con terceiras persoas indicando como entidade pagadora a AEAT con NIF Q2826000H.





