Publicada a lista provisional de beneficiarios das axudas ao abandono da actividade en 2025, novamente só 1 de cada 5 solicitantes das axudas serán beneficiarios
- Un año máis, a partida orzamentaria destinada a estas axudas en 2025, conxelada en 9,6 millóns de euros, deixa fóra ao 80% dos solicitantes malia cumpriren cos requisitos para a concesión.
- A lista provisional de beneficiarios contén 321 transportistas aos que se asigna unha axuda de 30.000 €, o que de nuevo significa que a idade efectiva de concesión quede moi por riba por 65 anos (a excepción daqueles solicitantes con incapacidade declarada).

O Ministerio de Transportes publicou no BOE de 1 de xullo a Resolución Provisional pola que se outorgan as ayudas a transportistas autónomos de avanzada idade ou en situación de invalidez para o abandono da actividade de transporte por estrada, que previamente formalizaron a súa solicitude de axuda neste ano 2025.
Un ano máis, a convocatoria de 2025 contou cun insuficiente orzamento (en concreto 9,6 millóns de euros), conxelado nos últimos 3 anos, tendo en conta ademais que en 2022 dito orzamento alcanzou os 20 millóns de euros. Esta limitación económica volveu a derivar en que en 2025 tamén só serán 321 os transportistas beneficiarios, o que vén a ser tan só un 20% dos solicitantes da axudaudes presentadas, isto é, tan só 1 de cada 5. Por conseguinte, á marxe dos solicitantes con algunha incapacidade declarada que son preferentes, os beneficiarios son de idade superior a 65 anos.
A lista completa de beneficiarios, así como de transportistas excluídos e as causas da non concesión pode ser consultada na web do Ministerio de Transportes na seguinte ligazón: https://www.transportes.gob.es/recursos_mfom/comodin/recursos/resolucion.prov_.abandono.2025.pdf
Tramitación da axuda
En todo caso, para poder efectuar o trámite para o cobro da axuda, aqueles que figuren como beneficiarios deberán esperar á publicación polo Ministerio de Transportes nas próximas semanas da Resolución definitiva de concesión de axudas.





