Avances e próximos pasos no proceso de aprobación da xubilación anticipada d@s condutores/as profesionais
- O Goberno aprobou o novo Decreto regulador para a xubilación anticipada para todas as ocupacións e actividades económicas, pero contrariamente ao que se ten publicado en diversos medios, este só é un primeiro paso necesario e a aprobación definitiva da xubilación anticipada no sector do transporte aínda está lonxe.
- Nas vindeiras semanas deberían reiniciarse as negociacións cos sindicatos para reactivar a solicitude formal ante o Ministerio de Seguridade Social da xubilación anticipada para as persoas condutoras asalariadas, pero a súa aprobación non sería automática, senón sometida ao cumprimento dunha serie de índices en materia de perigosidade e mortaldade.
- No que atinxe a persoas condutoras autónomas, Fenadismer promoverá xunto con outras asociacións representativas o posible establecemento da xubilación anticipada tamén para los autónomos, tendo en conta as súas peculiaridades a fin de que lles resulte o máis beneficioso posible.

O pasado mes de outubro as organizacións de transportistas CETM e FENADISMER acordaron cos sindicatos UGT e CCOO impulsar ante a Administración, a nivel estatal, o establecemento da xubilación anticipada para as persoas conductoras profesionais.
Sen embargo, ese acordo non se acabou por materializar polas diferenzas que posteriormente visibilizaron entre ambos sindicatos sobre cal debería ser o momento axeitado para formalizar dita solicitude ante o Ministerio de Seguridade Social, como consecuencia da tramitación durante estes meses dun nuevo Decreto regulador da xubilación anticipada en sustitución da regulación existente anteriormente, o que obrigou a deixar en suspenso dita solicitude formal ata que o novo Decreto fora aprobado.
Neste sentido, o Consello de Ministros aprobou esta semana o Real Decreto 402/2025, de 27 de maio, polo que se establece a nova regulación sobre o procedemento de tramitación para determinar os supostos en que procedería permitir anticipar a idade de xubilación no sistema da Seguridade Social mediante a aplicación de coeficientes redutores para calquera sector de actividade, incluído o transporte por estrada.
Así, este novo Decreto establece os criterios para que aquelas ocupacións laborais que acrediten que a súa actividade é de natureza excepcionalmente penosa, perigosa ou insalubre e acusen elevados índices de morbilidade ou mortalidade poidan beneficiarse dun anticipo da súa idade ordinaria de xubilación, sempre que as organizacións solicitantes da implantación da xubilación anticipada no seu respectivo sector de actividade demostren que se dan os índices de perigosidade antes referidos.
Por tanto, a aprobación polo Goberno deste Decreto regulador é só un pequeno primero paso. O establecemento da xubilación anticipada non se produce de modo automático por simple solicitude formal ante a Administración, senón unha vez que se xustifiquen en cada un dos sectores económicos que o promovan que se cumpren os índices sobre perigosidade e mortalidade antes indicados.
Por conseguinte, no que respecta a persoas condutoras asalariadas, tras a aprobación do novo Decreto dáse vía libre a que nas próximas semanas as federacións de transportistas e os sindicatos representativos de condutores profesionais acorden reactivar a solicitude formal, o que deberán presentar ante o Ministerio de Seguridade Social, que deberá elaborar un informe sobre a morbilidade e mortalidade do sector, recabando así mesmo informes da Inspección de Traballo e Seguridade Social e do Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo. Polo tanto, o proceso non fixo máis que comezar.
Xubilación anticipada de persoas condutoras asalariadas
Polo que atinxe a persoas condutoras autónomas, FENADISMER está ultimando a elaboración dun informe sobre a aplicación da xubilación anticipada a este colectivo dadas as súas peculiaridades e o impacto que dita medida pode ter, polo que unha vez rematado presentarase ao resto de organizacións representativas de persoas autónomas para a tramitación da solicitude.Así mesmo, os vehículos de MMA inferior a 3.500 kg que transporten mercadorías ADR deberán seguir levando un extintor de 2 kg, inclusive nos supostos de transportes baixo as excepcións parciais relacionadas coas cantidades transportadas por unidade de transporte recollidas no 1.1.3.6 do ADR.
Incremento nas cotizacións
En todo caso, debe ficar claro que a aplicación dos coeficientes redutores da idade da persoa traballadora que permitirían acceder á xubilación anticipada irían ligados previsiblemente a un incremento na cotización á Seguridade Social para ese colectivo que se fixaría na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para cada ano. Este incremento consistiría en aplicar un tipo de cotización adicional sobre a base de cotización por continxencias comúns, tanto a cargo da empresa como da persoa traballadora.





