vierios
vierios

Follow a manual added linkFollow a manual added linkFollow a manual added linkFollow a manual added link

LIBRE COMPETENCIA

A defensa da libre competencia como principio indiscutible para a xeración de riqueza.

DEFENSA DO SECTOR

A denuncia das prácticas de competencia desleal no sector.

MODERNIZACIÓN SECTOR

A modernización do transporte en todos os seus ámbitos, xa que é o único xeito de afrontar de forma solvente os novos retos e desafíos que esixe a economía e a loxística do presente e futuro, e iso só é posible achegando novas ideas e novos referentes.

DIGNIFICACIÓN DO SECTOR

A dignificación do sector e dos seus profesionais, cuxa actividade é esencial para o bo funcionamento da economía e da sociedade do benestar.

Constitución da asociación

O 22 de xuño de 2024 creouse formalmente VIEIROS UNIDADE GALEGA DE TRANSPORTISTAS, unha nova asociación de pequenas e medianas empresas (pemes) e transportistas autónomos de Galicia.

Obxectivos principais

A asociación busca impulsar a unidade de acción en defensa dos intereses dos pequenos transportistas, promover a profesionalización, a innovación, a sustentabilidade e a modernización do sector.

Loita contra a competencia desleal

Un dos piares da asociación é combater as prácticas de competencia desleal, favorecendo un entorno de libre competencia e rendibilidade para as empresas.

Unificación do sector

VIEIROS aposta pola colaboración e unidade con outras organizacións galegas para facer máis eficaces as demandas do sector ante as Administracións.

Modernización e sustentabilidade

Destácase a necesidade de modernizar as infraestruturas e os medios de transporte para adaptarse ás necesidades loxísticas actuais e futuras, dentro dun marco sostible con horizonte ao 2030.

Primeira Xunta Directiva

Silvia Chaves Freire, con experiencia no sector, foi elixida como presidenta. A xunta inclúe a varios membros de diferentes rexións de Galicia e a Alberto Vila González como Secretario Xeral.